Tuesday 14 de May de 2024

Vimianzo conmemorará mañá o Asalto ao Castelo cunha serie de actividades adaptadas ao contexto sanitario actual


Ás 22:30 horas, a praza do Concello acollerá a proxección da película galega ‘O que arde’, de Óliver Laxe. 

O Concello de Vimianzo conmemorará mañá o Asalto ao Castelo, unhas das celebracións de máis calado na sociedade vimiancesa, cunha serie de actividades adaptadas ao contexto sanitario actual.
De 13:00 a 16:00 horas, e de 19:00 a 22:00 horas, haberá polas rúas do municipio unha ofrenda musical irmandiña. Ás 21:00 horas, unha intervención teatral a cargo de Vicente Mohedano e ás 21:30 horas a subida ao Castelo, cun aforo máximo de 300 persoas. O culme desta lembranza ao Asalto será ás 22:30, xa que a praza do Concello albergará a proxección do filme ‘O que arde’, de Óliver Laxe.
Ademais, durante o sábado, todo aquel que se achegue ata Vimianzo poderá contemplar finalizada xa a obra de Miguel Peralta, de Cestola na Cachola, que está a facer nunha das rúas principais do municipio, co selo irmandiño como protagonista.